Hoxe e Sáb. 19 Xul. 2008
Español Galego English Français
inicio noticias biografia fotogaleria contacto
Sobre Oscar Pereiro

As primeiras pedaladas

Óscar Pereiro deu as súas primeiras pedaladas sen ruedines en Carracido, Porriño. Tiña catro anos e xa sorprendía pola súa audacia. “A xente dicía: “Este neno está tolo, vaise a matar”, conta Carmen, nai do corredor.
De pequeno, era moi miúdo para a súa idade. Déronlle o alcume de Cascarilla pola súa constitución. Na súa etapa de cadete, case non podía coa bicicleta, porque non se fabricaban da súa medida.


A súa época de xuvenil

Foi nos seus tempos de xuvenil, cando vestía a camisola do C.C. Spol cando Pereiro aprendeu pronto a subir ao podio de Campionatos Galegos e Españois. En categoría xuvenil, proclamouse campión autonómico de estrada, cliclocrós e mountain bike na mesma tempada, unha conquista tan estraña coma difícil, é aí onde Óscar empezou a sorprender a todos os afeccionados do ciclismo. Pero neses tempos tampouco deixou de sorprender, polo seu dominio coa bicicleta nas exhibicións de trialsín que protagonizaba en discotecas e pavillóns, onde lograba algúns pellizquitos económicos.


Tripla coroa nacional e Volta Portugal ao Futuro

No seu paso polo campo amateur seguiu compaxinando as modalidades de ciclocrós e estrada, Óscar acudía ás probas de ciclocrós nun Opel Corsa verde oliva acompañado do seu irmán Jonathan, de María, que entón era a súa noiva e agora é a súa esposa, e varios amigos que facían funcións de auxiliares. Óscar era un habitual no podio das carreiras e campionatos de España de ciclocrós, conseguindo así tres camisolas de campión autonómico.

Antes intentara converterse en delineante e traballara de peón de albanel e de mensaxeiro. Ata durante moitos días roldoulle pola cabeza a idea de deixar a bicicleta. Pero despois abandonou a idea. E acertou.

A súa decisión foi dedicarse unha tempada máis á modalidade de estrada, onde pronto chegaron as vitorias, foi en 1999 co Club Ciclista Ponteareas onde Óscar fixo unha fazaña das que nos ten afeito, gañou a Volta a Portugal do Futuro cun só compañeiro de equipo, foron os dous únicos corredores do seu equipo que lograron finalizar a carreira.


O salto a Portugal

Logo da vitoria na Volta a Portugal do Futuro, como moitos outros corredores galegos, Portugal foi a súa ponte cara ao profesionalismo. Pereiro fichou polo Porta dá Ravessa onde compartiu formación con outro galego, Gustavo Otero, e deixou moitos amigos. No seu primeiro ano de profesional xa sorprendeu a todos facendo décomo oitavo na xeneral da Volta a Portugal e moitos postos de honra nas diversas carreiras que participo, tanto no calendario portugués como español.

Logo de todos os meritos conseguidos, foi o Phonak suízo, que entón dirixía Álvaro Pino, o equipo que lle deu o impulso cara á zona privilexiada, onde os ciclistas non pasan apuros económicos e participan en probas de máxima categoría.


En Suíza, a gran oportunidade

Pereiro despuntou no pelotón internacional lucindo a camisola do Phonak, a formación do millonario helvético Andy Rihs. A súa primeira participación nunha volta de tres semanas foi o Giro de Italia onde alcanzo o undécimo posto na clasificación xeral, confirmando así a súa regularidade e fortaleza neste tipo de probas. No seu debut no Tour, conquistou o décimo posto. Esa estrea foi o comezo dun idilio entre o corredor e a proba por etapas máis importante do Mundo.

Repetiu no top ten da rolda francesa ao ano seguinte, pero non só deixou pegada na xeneral. O de Mos converteuse no primeiro galego en lograr un triunfo nunha etapa do Tour. Logo de rozar a vitoria en Saint Lary Sopran, onde só foi superado polo americano George Hincapie, non se rendeu e conquistou a etapa con final en Pau. A súa fame de triunfo e valentía foron recoñecidas co premio ao corredor máis combativo da carreira.

Nesa tempada, Pereiro debutou no Mundial de fondo na estrada, que se disputou en Madrid. Aínda que xa fora suplente na selección española, non tomara parte no Campionato do Mundo. O galego contribuíu á prata de Alejandro Valverde.


De amarelo co Caisse d’Epargne

Pereiro incorpórase ao Caisse d’Epargne no 2006. E co equipo de José Miguel Echavarri e Eusebio Unzué, acode ao Tour co obxectivo de acabar entre os cinco primeiros clasificados. Pereiro afundiuse no Portillon, onde perdeu máis de 26 minutos. Pero en Montelimar, asinou unha etapa épica e logrou unha vantaxe de case media hora sobre o pelotón. Así foi como un galego se enfundó por primeira vez a camisola amarela do Tour, “o máis grande que hai en ciclismo”, segundo recoñeceu aquel día o propio corredor. Despois cedeu o xersei de líder, pero volveu recuperalo noutra xornada épica e cedeuno finalmente no penúltimo día de carreira, nunha etapa contrarreloxo, especialidade na que Floyd Landis confirmou a súa condición de favorito. Finalmente, Pereiro subiu ao segundo lugar do podio nos Campos Elíseos.




Inicio    Noticias    Biografia    Fotogaleria    Contacto
Copyright © oscarpereiro.com 2008. Política de Privacidad